Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Feijóo anuncia o aumento dos aforos e a proposta de retirar a máscara no exterior se hai distancia

Confirma que a partir do 1 de xullo se reabre o ocio nocturno, sempre de acordo cos protocolos de saúde pública e despois do éxito das probas piloto levadas a cabo


Laura Moure/Xeral

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe as novas decisión do comité clínico, tras a revisión integral da regulación das distintas actividades, e a proposta de retirar o uso da máscara no exterior sempre que se manteña a distancia de seguridade. Durante a rolda de prensa, Feijóo referiuse nun primeiro termo á nova situación de aforos que entrará en vigor o vindeiro sábado. Deste xeito, confirmou o aumento do 50 ao 75% do aforo en lugares de culto, academias e centros de formación, congresos, ximnasios, museos, arquivos e bibliotecas, acuarios e zoolóxicos; ademais do incremento de 25 a 50 persoas do número máximo de asistentes a un enterro.

O presidente durante a rolda de prensa de hoxe.


Neste mesma liña, anunciou a reapertura das áreas de descanso e de ocio infantil dos centros comerciais; o aumento da capacidade máxima das prazas de pé do transporte urbano, pasando dun sexto a un terzo; o contacto físico nos establecementos de actividades deportivas e nas academias de danza; así como a reincorporación de forma presencial, desde o 5 de xullo, dos empregados da Xunta que estaban teletraballando de xeito excepcional.


Así mesmo, o aforo no interior dos bares e cafeterías manterase ao 50% e permitirase o aforo máximo nas terrazas, respectando sempre o metro e medio de distancia entre mesas; e poderase pedir e servir nas barras, pero non consumir nelas.


Por outra banda, confirmou que a partir do 1 de xullo se reabrirá o ocio nocturno, “sempre de acordo cos protocolos de saúde pública e despois do éxito das probas piloto levadas a cabo”, dixo, subliñando que con esta apertura non quedará ningunha actividade totalmente pechada na Comunidade.


Uso da máscara

Ao longo da rolda de prensa, o titular da Xunta trasladou tamén a proposta avalada polos expertos do comité clínico sobre a retirada do uso da máscara no exterior. Así, referiuse á decisión de eliminar a obrigatoriedade da máscara no exterior, salvo cando non sexa posible manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros. “É dicir, no interior máscara e distancia; e no exterior máscara ou distancia”, afirmou, precisando que esta norma xeral contará con matices.


Nesta liña, salientou que os eventos e actividades que teñen regulación propia, como concertos ou eventos deportivos, seguirán a rexerse pola súa propia normativa. E, non será obrigatoria no caso de conviventes, aínda que non haxa distancia.


Logo de precisar que a máscara seguirá tamén a ser obrigatoria no exterior en aqueles concellos en nivel máximo, onde a incidencia supera os 500 casos a 14 días, Feijóo insistiu en que teremos que levala sempre con nós, aínda que non estea posta en todo momento. “En definitiva, a proposta avalada polo comité clínico é que hai que seguir levando a máscara sempre en riba, pero cando esteamos fóra e se garanta a distancia”, abundou, a modo de resumo.


O presidente do Goberno galego aproveitou a súa intervención para apelar novamente á responsabilidade e á cautela, facendo especial fincapé nas persoas que aínda non están vacinadas coa segunda dose e nos máis mozos.

97 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE