top of page

FEGADACE presenta coa Valedora do Pobo a nova marca común do dano cerebral adquirido

Abordará tamén as súas propostas e demandas para a lexislatura


Laura Moure/Xeral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) organiza o vindeiro venres, 21 de xuño, coa compaña e na sede da Valedora do Pobo, un acto no que vai presentar a nova marca común das asociacións de dano cerebral adquirido, e tamén as súas propostas e demandas para a lexislatura iniciada este ano e que abrangue ata 2028.

Un novo nome, Dano Cerebral Galicia, e unha nova identidade na que se unifican todas as entidades de persoas e familias con esta discapacidade, sumando forza para soster unhas demandas que van desde a posta en marcha do Proceso Asistencial Integrado do Dano Cerebral por parte do Servizo Galego de Saúde ata a promoción da vida independente e desinstitucionalización, a accesibilidade universal ou a creación dunha comisión permanente sobre discapacidade no Parlamento de Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

O acto vai comezar ás 10:30 horas coa intervención da Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño. A alta comisionada ten colaborado xa en diferentes ocasións con FEGADACE, acollendo o acto do Día do Dano Cerebral 2022, e estando sempre pendente das necesidades e demandas do colectivo do dano cerebral adquirido.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

A continuación falará o presidente de FEGADACE, Luciano Fernández Pintor, introducindo as motivacións e proceso de confluencia do colectivo do dano cerebral a nivel estatal para realizar a transición cara a marca común, e como está previsto que se vaia implantando a nivel local ao longo dos vindeiros meses.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Por último formularemos as propostas, que dan continuidade ás liñas de traballo abertas por FEGADACE, o conxunto do movemento asociativo da discapacidade e a propia acción institucional das administracións implicadas, que adquiren forma de decálogo que presentará Montserrat Terceiro Rey, membro da Rede de Cidadanía Activa do movemento asociativo do dano cerebral.


 
 
 

Kommentarer


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page