Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Fallados os premios da segunda edición do concurso de decoración 'Silleda Fai Nadal'

A veciñanza do Barrio das Baratas e unha veciña de Laro acadaron os primeiros postos nas dúas categorías


Laura Moure/Silleda

A segunda edición do certame de decoración navideña #SilledaFaiNadal xa ten as creación gañadoras. O xurado reuniuse nas últimas horas para a posta en común e valoración das propostas deste certame.


Na categoría colectiva o primeiro premio é –por segundo ano consecutivo- para a veciñanza do Barrio das Baratas de Silleda (700 euros); o segundo (500 euros) para o grupos Labercos, ca recreación realizada na praza de Juan Salgueiro, e o terceiro para a Asociación de Veciños Vagalume de Moalde (300 euros), pola súa árbore reciclada.


Na individual, a proposta gañadora foi a de Nerea Costa Alonso, veciña de O Pereiro, en Laro, cun galardón de 300 euros pola recreación de Laponia. O segundo para o balcón de Naiara Peña Conde, na rúa Carballeira do Chousiño, cunha creación feita con materiais de refugallo (175 euros); e o terceiro para José Luis Blanco Gil, pola fábrica de xoguetes recreada no balcón da rúa Venezuela (100 euros).


Así mesmo, o xurado, formado por integrantes dos colectivos ECOS, Anpa Raparigos, e AVEMA, decidiu tamén otorgar senllas Mencións Especiais ás decoracións da Escola Infantil A Galiña Azul e a Residencia de Maiores de Silleda.


Todos os premios consisten en vales para gastar no comercio e na hostalería do municipio nos vindeiros meses. A reactivación económica era un dos obxectivos deste certame que naceu o pasado ano –convocad dende as Concellerías de Cultura e Comercio- xunto coa promoción da creatividade e o fomento da participación veciñal. Dende o Concello de Silleda agradecese a participación e implicación de todos os participantes así como de todas as persoas que este ano decoraron, aínda sen entrar no concurso, as súas vivendas creando un ambiente de Nadal nun ano que tamén volveu ser complicado. Tamén se agradece a participación dos colectivos que formaron parte do xurado, cunha tarefa nada doada, dado o alto nivel das decoracións propostas.