top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Falecen unha muller e un neno despois de colidir o coche no que viaxaban contra un camión-cisterna

Ecos da Comarca/Xeral

Os Bombeiros tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar ás vítimas do interior do turismo. 

A carga do camión, gasóleo, non se viu afectada pero si, o combustible procedente do depósito do  mesmo vehículo articulado que quedou espallado pola estrada.


Publicidade

Nada máis ter constancia do accidente por parte de varios particulares, ás 9:30 horas desta mañá, o 112 Galicia puxo en marcha un operativo de intervención no que interviron ademais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ribadumia, GES de Sanxenxo, Garda Civil de Tráfico, Policía Local,  efectivos de Protección Civil de Cambados, de Vilanova e do Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía.


Igualmente, os xestores do 112 informaron do suceso ao persoal do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), por se fose precisa a súa intervención para prestar apoio aos familiares das vítimas.


Publicidade

Tras chegar ao lugar dos feitos, os efectivos do Servizo de Emerxencias de Vilagarcía comunicaron ao 112 Galicia que debido á perda de combustible do depósito do camión, procederon a subministrar  escuma por todo o vehículo, co fin de evitar que o combustible derramado prendera lume na maleza lindeira á estrada. 

Publicidade

Unha vez excarceradas ás vítimas e feitas as labores de limpeza da vía, os Bombeiros deron por finalizada a súa intervención, quedando no lugar os axentes de Tráfico, persoal de mantemento da estrada e efectivos de Protección Civil de Cambados, á espera de realizar o traslado da carga a outra cisterna e retirada posterior do vehículo, polo que, de momento, a vía quedará interrompida ao tráfico nese tramo, redirixindo a circulación por vías alternativas.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page