Falece unha nena de 2 anos esquecida nun coche en Brión
- ecosdacomarca

- 21 may
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) ofreceu este mércores atención especializada á familia dunha menor de Brión (A Coruña) que perdeu a vida. Tal e como informa o 112, a cativa chegou ao Punto de Atención Continuada de Bertamiráns (Ames) en parada cardiorrespiratoria.

Faltaban uns minutos para as cinco da tarde cando o 112 Galicia recolleu un aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por unha menor en parada que finalmente resultou falecida.
PUBLICIDADE
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil.
PUBLICIDADE
Tamén foron avisados os membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) co fin de ofrecer á familia atención especializada.
A menor de Brión, de 2 anos, quedara esquecida nun coche.








Comentarios