top of page

Falece unha muller trala colisión dun coche e un camión en Tordoia

Ecos da Comarca/Xeral

Falece unha muller trala colisión dun coche e un camión en Tordoia. Malia os esforzos, os servizos sanitarios nada puideron facer pola vida da implicada, que viaxaba no turismo e cuxo corpo tivo que ser liberado polos Bombeiros de Ordes.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O 112 Galicia tivo constancia do accidente, rexistrado no quilómetro 10 da DP-8401 (Castenda da Torre), a través dunha chamada do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 minutos antes das 13 horas. Naquel momento, indicaron que podía haber persoas atrapadas e que estaban a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Rapidamente, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Ordes, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Tordoia.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Os servizos sanitarios trataron de reanimar á muller, que finalmente faleceu.


Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page