Ecos da Comarca/Agolada
Un veciño de Agolada faleceu esta tarde tras atragantarse. O suceso tivo lugar sobre as seis desta tarde en Outeiro de Ramil.
O home, duns 75 anos, atragantouse cun vaso de auga, segundo fontes oficiais. Ata o lugar, desprazáronse dúas ambulancias e un helicóptero do 061, pero tras estar unha hora intentando reanimalo, lamentablemente non se puido facer nada por salvarlle a vida.

Comments