top of page

Falece un motorista nunha saída de vía en Teo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Un motorista faleceu este martes en Teo tal e como informa o 112 Galicia. Un condutor alertou do accidente ao 112 Galicia pouco antes de cumprirse as 13:00 horas. Segundo indicou, un motorista quedou inconsciente ao saírse da vía cando o adiantou.

Decontado, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago ata Santa María de Luou, onde tivo lugar o accidente.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Tamén foron informados do suceso os Bombeiros de Santiago, GES de Padrón, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e o Servizo Municipal de Protección Civil de Teo.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Trala súa chegada, as urxencias sanitarias trataron de reanimar ao motorista pero só puideron confirmar o seu falecemento.

 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page