Falece un home ao caerlle enriba unha das viguetas dunha viña cando manexaba un tractor en Ribadumia
- ecosdacomarca

- 3 jul 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral

Falece un home ao caerlle enriba unha das viguetas dunha viña cando manexaba un tractor en Ribadumia, tal e como informa o 112 Galicia. Ocorreu na rúa Revolta, na parroquia de Besomaño, e ata o punto desprazouse un helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Foi un veciño quen, minutos despois das 18 horas, explicou ao 112 Galicia que o implicado chocou co seu tractor contra unha das columnas da viña. Isto provocou que lle caera enriba unha vigueta, que os veciños conseguiron retirar antes da chegada dos servizos de emerxencias.
Publicidade
Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a acción, ademais dos servizos sanitarios, da Garda Civil de Tráfico, da Garda Civil, dos Bombeiros do Salnés e dos voluntarios de Protección Civil de Ribadumia.
Publicidade
Os efectivos dos bombeiros tamén interviñeron para finalizar a liberación do implicado, do que os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento.








Comentarios