top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Falece un dos tres ocupantes dun vehículo tras chocar contra un camión estacionado en Viveiro

Ecos da Comarca/Xeral

Este luns produciuse un accidente mortal no concello de Viveiro. Perdeu a vida un dos tres ocupantes dun vehículo que se saíu da vía e acabou chocando contra un camión que estaba estacionado. Os Bombeiros de Viveiro tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar a dous dos ocupantes, a muller falecida e o condutor do turismo.

O accidente ocorreu sobre as doce desta media noite. Un particular contactaba co 112 Galicia a esa hora para informar dunha colisión entre un turismo e un camión que estaba estacionado na LU-539, moi preto da rotonda de Misericordia, en Viveiro.


Publicidade

Segundo o relato doutra alertadora, eran tres persoas as que viaxaban no turismo, unha delas estaba fóra, pero, no seu interior permanecían outros dous ocupantes.


Tras recibir o aviso, desde o 112 Galicia foron informados de inmediato o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Viveiro, a Garda Civil de Tráfico e os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.


Publicidade

Así, unha vez no punto e logo de rematar as tarefas de excarceración, o persoal sanitario confirmou o falecemento da muller, así o como o traslado doutra muller nunha UVI móbil e o dun varón nunha ambulancia medicalizada. Ambos os dous ao Hospital de Burela.


0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page