Falece un anciá en plena rúa en Silleda
- ecosdacomarca
- 9 nov 2021
- 1 Min. de lectura
O suceso ocorreu na rúa Pintor Colmeiro e todo apunta a causas naturais
Ecos da Comarca/Silleda
Un anciá de Silleda perdeu a vida a última hora desta tarde en plena rúa. O suceso tivo lugar na rúa Pintor Colmeiro do casco urbano.
Foron mobilizados a Policía Local da localidade e os servizos sanitarios, pero non puideron facer nada pola vítima. De momento, non trascenderon máis datos, pero dende o Concello sinalan que todo apunta a causas naturais.

댓글