Falece outro traballador por unha caída duns 20 metros de altura en Pontevedra
- ecosdacomarca
- 14 ago 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Falece outro traballador por unha caída de altura en Pontevedra, tal e como informa o 112 Galicia. Trátase da segunda morte en circunstancias semellantes nos últimos días.

Despois do falecemento dun operario onte en Santiago, esta mañá, á mesma hora, uns minutos antes das nove, outro operario perdeu a vida tras caer dunha altura pronunciada: uns 20 metros.
Ocorreu nunha nave situada no lugar de Pazos, en Marcón, Pontevedra. O traballador pertence a unha empresa de reformas e servizos e subiuse a unha altura, despois caeu e quedou tendido no chan. Así o explicou o alertador aos xestores do 112 Galicia.
Publicidade
Con todo, o aviso entrou polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tiñan en marcha unha dotación, mais calquera esforzo resultou neste caso inútil.
Publicidade
Co fin de recoller toda a información sobre o suceso, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración das forzas da orde, isto é, os axentes da Policía Nacional e Local.
Comments