Falece o fundador da banda de música Unión Musical Ponteledesma, José Casal Balo
- Laura Moure

- 21 dic 2021
- 1 min de lectura
A formación cruceña suspende todas as súas actividades
Laura Moure/Vila de Cruces
"Hoxe é un día triste para Unión Musical Ponteledesma. Lamentamos comunicar o pasamento do fundador da nosa banda, José Casal Balo, veciño de Ledesma (Boqueixón)", acaba de informar a Banda de Música Unión Musical Ponteledesma, que ten a súa sede na parroquia cruceña de Gres.
A idea da formación da Asociación Cultural Unión Musical Ponteledesma nace no ano 1.987, cando dous veciños da comarca de Deza, D. José Casal Balo e D. Bernardo García Do Río ( antigos músicos ), empezan a darlle forma a unha idea que lles roldaba pola cabeza e a facer as primeiras xestións para crear unha nova agrupación, debido á añoranza dunha banda de música por parte dos veciños destas terras de Deza. Máis información da historia da banda no seguinte enlace: http://www.unionmusicalponteledesma.es/es/historia/
Cabe lembrar que no ano 2019 a banda rendéralle unha homenaxe na que recibiu toda a calor e cariño dos seus compañeiros e seres queridos.
"Suspendemos todas as nosas actividades como mostra de respecto e mandamos toda a nosa forza e cariño para a súa familia e amigos. Infinitas grazas por TODO Pepe de Balo, D.E.P.", sinala a formación musical.
Dende Ecos da Comarca tamén mandamos o noso cariño aos seus seres queridos e amigos.







Comentarios