Falece o exalcalde de Santiso Ramón Villar Edreira
- ecosdacomarca
- 28 jul 2024
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Santiso
Este sábado, 27 de xullo, faleceU Ramón Villar Edreira quen foi alcalde do concello de Santiso. Faleceu en Sardecoiro, Visantoña, aos 85 anos. O funeral será mañá, luns 29, na igrexa parroquial de San Juan de Visantoña (Santiso) e a continuación recibirá sepultura no cemiterio de dita parroquia. Está no Tanatorio El Mueble de Arcediago (Santiso) na sala número 1 e a saída mañá do tanatorio será ás 18 horas.

Tal e como recolle a Wikipedia, Ramón Villar Edreira, nado en Visantoña (Santiso) o 26 de maio de 1939, é un político galego do PPdeG. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou unha candidatura independente á Alcaldía de Santiso, a única que se presentou aos comicios, e foi elixido alcalde. Volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta nas eleccións municipais de 1983 como independente. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da Coalición Progresista Galega e volveu ser elixido rexedor con maioría absoluta.
Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do Partido Popular de Galicia e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e foi elixido mandatario grazas ao apio do CIS. Nas municipais de 1999 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e volveu ser elixido con maioría absoluta. Continuou como alcalde con sucesivas maiorías absolutas ata as municipais de 2007 cando, a pesar de ser o partido máis votado, tivo que ceder a Alcaldía ao candidato do CIS Ovidio Leiva Pereiro.
"A asociación de Mulleres Rurais de Santiso sente comunicar o pasamento de D. Ramón Villar Edreira. Aló polo final do 2001 un grupo de mulleres fundamos unha asociación en Santiso, sendo en aquel momento el o alcalde. En todo momento contamos sempre co seu apio incondicional tanto moral como económicamente. Un tempo despois nunha conversación " de taberna" acordamos intentar fundar unha coral que representase o concello de Santiso, porque xa viñamos de cantar nunha en Visantoña. A día de hoxe, casi vinte e cinco anos despois, tanto a Coral como a Asociación seguen a traballar arreo polo benestar da veciñanza, en gran parte, grazas a súa boa labor colaborativa. Hoxe é un día de tristura para Santiso e, dende aquí, desexámosche que a terra che sea leve. Moita fortaleza é ánimo para a súa familia. D. E. P.", lamenta a Asociación de Mulleres Rurais de Santiso.
Dende o equipo de ECOS DA COMARC: D.E.P.
Commentaires