top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Falece o exalcalde de Arzúa Manuel Moscoso López

Desde a Alcaldía informan de que, en sinal de recoñecemento, procederase á colocación dun crespón negro na bandeira galega da fachada do Concello, entre outras accións


Ecos da Comarca/Arzúa

O alcalde do Concello de Arzúa, Xoán Xesús Carril, en representación da Corporación Municipal e das traballadoras e traballadores do Concello de Arzúa traslada o máximo respecto institucional e as súas máis sinceras condolencias á familia e amizades do exalcalde Manuel Moscoso López, ante o seu falecemento.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde a Alcaldía informan de que, en sinal de recoñecemento, procederase á colocación dun crespón negro na bandeira galega que preside a fachada do Concello, a colocación dunha esquela na súa lembranza e gardarase un minuto de silencio na súa memoria ao comezo do Pleno que terá lugar mañá, mércores 19 de xullo, ás 20 horas.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Moscoso naceu en Arzúa o 21 de setembro de 1947. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido concelleiro, tal e como recolle a Wikipedia. Logo da renuncia do alcalde Jesús García Vázquez por motivos profesionais en xaneiro de 1989 foi elixido alcalde de Arzúa. Nas municipais de 1991 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou no cargo ata 2003 sempre con maioría absoluta.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

تعليقات


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page