top of page

Falece o exalcalde de Antas de Ulla Alberto Vázquez López

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Foi mandatario desta localidade entre os anos 1983 e 1991


Laura Moure/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla traslada o seu profundo pesar pola morte do exalcalde Alberto Vázquez López, que faleceu este martes en Lugo, tal e como informa a administración local a través das súas redes sociais.


Alberto Vázquez foi rexedor en Antas de Ulla entre os anos 1983 e 1991. "Na memoria de todos permanecerá o seu interese polo desenvolvemento do rural e o seu traballo para acondicionar o acceso ás igrexas. Tamén se lembrará o seu afán colaborador con todos os traballadores que prestaron servizo para o Concello e a súa dilixencia coas necesidades dos veciños e veciñas", subliña o Concello.


O alcalde, Javier Varela, e a Corporación de Antas de Ulla rogan unha oración pola súa alma e a asistencia á misa que se oficiará hoxe, mércores, ás seis da tarde na capela de Velatorios Lucenses (sala número 5 , detrás do Hotel Santiago).


"Non se admiten flores nin se recibe dó. A incineración terá lugar na intimidade familiar", informa o Concello.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page