top of page

Falece o condutor dun turismo tras saírse da vía en Ordes

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Falece o condutor dun turismo tras saírse da vía en Ordes. É a terceira vítima mortal nas estradas das últimas horas.


Tras os sinistros rexistrados onte en Vigo, Carballo e Curtis, un novo accidente esta mañá en Ordes deixa outro condutor falecido na N-550, ao paso pola parroquia de Leira. Foron os axentes da Policía Local quen avisaron a través da súa chamada ao 112 Galicia.

O accidente de Ordes. Autor: Prensa - Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña
O accidente de Ordes. Autor: Prensa - Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña

Segundo indicaron, o vehículo no que viaxaba a vítima saíuse da vía. Como consecuencia do impacto, a persoa quedou atrapada no interior, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros. Así, acudiron os efectivos do parque comarcal de Betanzos, que procederon a liberar o único ocupante do turismo. Aínda así, nada puido facerse por salvar a súa vida.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais dos equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, bombeiros e axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico, avisouse ao persoal de limpeza e mantemento da vía, así como á empresa subministradora da enerxía eléctrica por un cable que resultou afectado polo accidente.


NOTICIA RELACIONADA:


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page