top of page

Falece o condutor dun turismo tras colidir contra un autobús

Ecos da Comarca/Xeral

Falece o condutor dun turismo tras colidir contra un autobús en Salvaterra de Miño. O único ocupante do turismo perdeu a vida no accidente, mentres que os ocupantes do autobús, na súa maioría menores de idade, resultaron ilesos.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 16:35 horas, cando o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informou dun accidente grave entre un turismo e un autobús na PO-510, á altura do quilómetro 11, ao seu paso por Alxén, no concello de Salvaterra de Miño. Desde o primeiro momento apuntouse á posibilidade de que o condutor do turismo estivese falecido.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse aos Bombeiros do Porriño e Ponteareas, así como aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.


Unha vez no lugar, confirmouse o falecemento do condutor, que se atopaba atrapado no interior do vehículo. Foi necesaria a intervención dos bombeiros, que empregaron material de excarceración para a súa liberación. Pola súa banda, todos os ocupantes do autobús, maioritariamente menores de idade, resultaron ilesos.






Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page