Era unha persoa moi querida no municipio
Laura Moure/Rodeiro
Cando alguén precisaba axuda en Rodeiro, alí estaba el; cando os medios de comunicación necesitabamos algún tipo de información en relación a algún suceso, alí estaba el e sempre cunha gran amabilidade. Falamos de José Ramón Dobarro Cibeira, traballador do Concello de Rodeiro e membro de Protección Civil que apareceu morto onte, mércores, na súa vivenda do casco urbano.
A morte en moitos casos chega por sorpresa e sen avisar, e así foi neste caso. Foi unha veciña da localidade a que deu o voz de alarma ao facer dous días que non o vía, tal e como nos confirmou un veciño. Cando accederon a súa vivenda, atopáronse co tráxico final. Todo apunta a causas naturais. Tiña 49 anos.
O Canteiro, como era coñecido, era moi querido no municipio e nos concellos limítrofes. Dende aquí agradecerlle tamén sempre a súa axuda para facilitar o traballo aos medios de comunicación. D.E.P.
Publicidade
Declaracións
"Tristeza no noso concello polo falecemento de José Ramón Dobarro Cibeira "Canteiro", traballador do concello e voluntario de Protección Civil, unha persoa xenerosa e disposta a axudar en todo canto precisaramos. Ata sempre José Ramón, de seguro que quedas nos corazóns de toda veciñanza", sinala o Concello
Publicidade
"Profunda tristeza ante a noticia do falecemento de José Ramón Dobarro Cibeira "Canteiro". Súmome as numerosas palabras de cariño que comparten tanto colectivos do noso Concello, como veciños particulares. Todos eles destacan o seu caracter alegre, xeneroso, colaborador, voluntario. Como membro de Protección Civil, sempre levaba o traxe con moito orgullo e sempre estaba disposto a axudar alí donde se precisara. Somos moitos os que sentiremos a túa falta e seguro que todos te levaremos no corazón. D.E.P. compañeiro", resalta a popular Cati Somoza
留言