top of page

Falece Horacio García, Fundador de Granxa Campomayor de Palas de Rei

Laura Moure/Palas de Rei

Este domingo faleceu o fundador da empresa palense Granxa Campomayor, Horacio García, tal e como anunciou a propia firma a través das súas redes sociais. Faleceu aos 88 anos.

Horacio García. Fonte: Campomayor.
Horacio García. Fonte: Campomayor.

"Hoxe decimos adeus ao noso referente: Horacio García, fundador de Campomayor.
Hoxe en Campomayor tócanos despedir a alguén moi especial. Horacio García non só foi o fundador da nosa empresa, senón a alma e a visión detrás do que somos hoxe. Con esforzo e paixón, converteu unha pequena granxa familiar nun referente do sector avícola en España, sen esquecer nunca as súas raíces.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Sempre creeu na calidade, na innovación e, sobre todo, nas persoas. “Me gusta que mi pueblo crezca”, dicía con orgullo, sabendo que o seu traballo xeraba emprego e oportunidades en Palas de Rei.
O seu legado segue máis vivo que nunca, e en cada paso que damos, levamos con nós o seu exemplo.
Gracias por tanto, Horacio", Campomayor.

Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A capela ardente xa está aberta na sala número 1 do Velatorio Campomayor, en Palas de Rei. Mañá luns 3, ás 17 horas, sairá a comitiva fúnebre ata a igrexa de San Tirso de Palas, onde se celebrará o funeral. Logo haberá unha incineración na intimidade familiar.

D.E.P.


Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page