Falece aos 92 anos o monterrosino Carlos Méndez Vázquez, máis coñecido como "o cura Don Carlos"
- Laura Moure

- 20 sept 2023
- 1 min de lectura
"A bisbarra da Ulloa e o Concello de Monterroso teñen moito que agradecerlle pola doazón desinteresada a dito Concello de toda a colección museística que obraba na súa propiedade e que foi adquirindo ao longo dunhas seis décadas", destaca o Concello
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso lamenta a perda dun dos seus veciños, Carlos Méndez Vázquez, entre o pobo coñecido como "o cura Don Carlos", quen finou hoxe aos 92 anos.

Comunicado do Concello:
"O mundo da cultura está de loito polo finamento dun estudoso e conservador da arte, ademais de escritor e sacerdote", resalta.
Publicidade
"A bisbarra da Ulloa e o Concello de Monterroso teñen moito que agradecerlle pola doazón desinteresada a dito Concello de toda a colección museística que obraba na súa propiedade e que foi adquirindo ao longo dunhas seis décadas. Pezas moitas delas de incalculable valor artístico e cultural.
Publicidade
Estes vestixios artísticos son os que deron lugar ao Centro de Interpretación Monterroso, a vila das feiras, onde se atopan expostas só unha proporción moi pequena da totalidade das pezas doadas. Grazas logo polo seu amor a este pobo e polo seu altruísmo, do que sen dúbida nos beneficiaremos todos.
D.E.P."









Comentarios