top of page

Falece aos 87 anos o lalinense Victorino Gutiérrez Aller, Coco

 Dende 1983 foi notario de Lalín ata a súa xubilación en abril de 2007 e tamén estivo en Arzúa


Ecos da Comarca/Lalín

Faleceu o lalinense Victorino Gutiérrez Aller, máis coñecido como Coco. Naceu na capital de Deza o 3 de abril de 1937. Fillo do avogado Román Gutiérrez Rodríguez e sobriño do astrónomo. Ramón María Aller. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Fíxose notario en 1969. Empezou a súa carreira profesional en Forcarei, e despois pasou por Celanova e Arzúa; dende 1983 foi notario de Lalín ata a súa xubilación en abril de 2007.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Foi socio fundador da Asociación Cultural Deza. Distinguiuse polo impulso ao emprego do galego no ámbito xurídico, sendo autor do Formulario notarial publicado en 1998 pola Real Academia Galega, e de Réxime económico-familiar e sucesorio na Lei de dereito civil de Galicia. Membro da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística dende 1984, participou na Comisión Redactora da Lei do Dereito Civil de Galicia.

Victorino Gutiérrez. Fonte: PSOE Lalín.

"Tristeza polo falecemento de Victorino Gutiérrez, coñecido cariñosamente como Coco. Fillo predilecto de Lalín nomeado na etapa do goberno de coalición e histórico xurista. O seu legado perdurará na memoria de todos nós. Desde a Agrupación Socialista de Lalín trasladamos as nosas máis sinceras condolencias á súa familia e seres queridos neste momento de dor. Descanse en paz, Coco", sinala o PSOE de Lalín.

D.E.P.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page