Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Fabiola García destaca que a labor de Fervenzaventura de Silleda permite aos mozos coñecer o rural

Actualizado: jul 31

Un total de 40 rapazas e rapaces de entre 14 e 18 anos están a participar deste campamento xuvenil


Laura Moure/Silleda

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou que o campamento Fervenzaventura de Silleda permite que as mozas e mozos coñezan o potencial do rural galego. Esta venres visitou as instalacións onde 40 rapazas e rapaces de entre 14 e 18 anos están a finalizar a súa quenda de campamentos na que puideron realizar múltiples actividades de coidado de animais e cultivo de alimentos. Con ela tamén estivo a directora xeral de Xuventude, a lalinense Cristina Pichel.

Este campamento é unha das novidades da campaña de verán deste ano xunto cos campamentos postos en marcha en Bande, Parada de Sil e Cabana de Bergantiños. Deste xeito, o número de instalacións ofertadas deste ano chegou ás 35, que se suman á oferta de campos de voluntariado, intercambios con outras comunidades e minicampamentos.

A conselleira sinalou que dentro dos 40 campos de voluntariado que se puxeron en marcha, un deles celebrarase na comarca do Deza, concretamente no concello de Lalín. Así mesmo, tamén se está a desenvolver un minicampamento Coñece Galicia no hotel Norat deste mesmo concello.

Ocio seguro Así mesmo, Fabiola García puxo en valor que a campaña de verán ofrece unha opción de ocio seguro para a xuventude galega. Neste sentido, pediu fuxir de estereotipos e que se lle recoñeza á mocidade o esforzo que están a realizar para minimizar os seus contactos. “O comportamento xeneralizado está sendo exemplar, pese a ser os que máis están agardando pola vacina”, apuntou. Por iso pediulles un último esforzo e que participen dos cribados que se están a poñer en marcha en distintas zonas de Galicia.


25 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE