top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Fabiola García anuncia en Agolada que 474 dezaos xa se benefician dos Bonos Coidado en Residencia e no Fogar

Estivo acompañada pola voceira municipal, Carmen Seijas, que agradeceu "o respaldo da Xunta ao bo funcionamento dos Servizos Sociais de Agolada cunha transferencia anual de 741.848 euros"


Ecos da Comarca/Agolada

A conselleira de Política Social e Xuventude e candidata do PP pola provincia da Coruña, Fabiola García, vén de anunciar que un total de 474 veciños do Deza xa se están a beneficiar, desde o pasado mes de xaneiro, dos Bonos Coidado nas modalidades de Residencia e Fogar grazas a unha achega anual de 1,84 millóns de euros da Xunta de Galicia. A titular autonómica deu a coñecer as primeiras cifras de beneficiarios nun encontro con preto dun cento de maiores celebrado en Agolada, no que detallou que hai 335 veciños da comarca que reciben a axuda polo coidado no fogar, cifrada nunha achega anual individual de 5.000 euros, e 139 que xa contan co bono para colaborar no pago da praza da residencia, que se situa en 1.200 euros por exercicio.

Fabiola García puxo en valor “as amplas accións e investimentos sociais” impulsados polo Partido Popular desde a Xunta e ademais anunciou que “sempre estamos ampliando os orzamentos, implementando as medidas existentes e incorporando novas actuacións, como os novos Bonos Coidado, para dar cada vez unha mellor cobertura aos cativos, as familias, os maiores, os dependentes e as persoas en risco de exclusión”.


Publicidade

“Somos o partido que máis e mellor atende ás persoas que máis o necesitan e creo que é algo de xustiza e que, no caso da comarca do Deza, ten unha gran importancia porque ten bastante poboación maior polas súas características e queremos ofrecerlles o máximo para que teñan a mellor calidade de vida”, manifestou a conselleira.


Pola súa banda, a voceira dos Populares de Agolada, Carmen Seijas, agradeceu o apoio que sempre lle presta Fabiola García tras a súa anterior visita a Agolada co gallo das campañas das eleccións municipais do pasado mes de maio, e destacou a colaboración que está a prestar, ano a ano, a Xunta de Galicia para o “bo funcionamento” dos Servizos Sociais de Agolada, xa que lle transferíu 741.848 euros para estas atencións no último exercicio.


Publicidade

Así, o Goberno galego fai unha achega de 353.088 euros anuais para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que ten 29.424 horas anuais para o coidade de 51 usuarios, sufraga 216.200 euros para os 44 beneficiarios dos bonos coidado, aporta 34.150 euros para o desenvolvemento do Plan Concertado, 20.252 euros para a gratuidade das 20 prazas da escola infantil e 20.00 para o funcionamento da Casa do Maior, entre outras medidas.


1 comentario

1 Comment


E cantos deixa fora? Aforra o 80 por centro do presuposto ou mai? E por qué ata o dagora non se axudou as familias?

Like
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page