top of page

Fútbol solidario mañá en Rodeiro para que ninguén se quede sen comida nin xoguetes nestas datas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Está promovido polo Rodeiro S.D. e os Veteranos Rodeiro


Laura Moure/Rodeiro

Nesta época de Nadal lévanse a cabo distintas accións solidarias para axudar aos máis necesitados. Iniciativas como o partido benéfico que promove o Rodeiro SD e Veteranos Rodeiro e que se disputara mañá, sábado 31 pola tarde, ás 16:15 horas. "Hoxe é un día de máxima ledicia porque imos anunciar que, xunto cos nosos compañeiros do Cogalrodeiro C.F., o día 31 de decembro terá lugar no Campo da Raña un partido benéfico que, como indica no cartel, vale moito, máis de tres puntos e permitirá que entre tod@s os que acudades a velo, poidamos axudar a familias do noso concello", explica Carlos García, responsable do equipo de fútbol Veteranos de Rodeiro


"Pretendemos con isto dúas cousas. Primeiramente, que ninguén nestas datas teña a preocupación de non ter un prato de comida na súa mesa e que tampouco ningún neno na súa casa quede sen un conto ou xoguete co que entreterse agardando a chegada dos Reis Magos. E por outra banda, que o fútbol rodeirense debe estar unido e así é. Xuntos conseguiremos que pensar en fútbol en Rodeiro, sexa pensar en unidade, alegría, compañeirismo e ilusión", recalca García.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por todos estes motivos, convida a asistir a esta acción solidaria. "Pedimos que saquedes dúas horiñas do sábado 31 para axudar e desfrutar dunha tarde de fútbol en familia e boa veciñanza. Aporta o que poidas (do que se detalla no cartel que aparece abaixo) nos puntos que haberá nas instalacións. Haberá xente que che indicará onde depositar a túa doazón. Moitas gracias de parte do Cogalrodeiro CF e Veteranos de Rodeiro ás entidades colaboradoras: a Asociación O Falar das Pedras pola súa disposición dende o primeiro momento, e ao Concello de Rodeiro, institución que se encargará do mellor reparto das doazóns recibidas. Agradecer tamén ás compis do Rodeiro FSF, que participarán nunha sorpresiña que esperamos vos guste. Sen máis, deica o día 31 ás 16:15 horas", apunta García.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page