Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Félix Rodríguez será o novo director da cárcel de Monterroso

Ecos da Comarca/Monterroso

A Secretaría Xeral de Institucións Penais anunciou este venres o nomeamento de Félix Rodríguez Fernández como novo director do Centro Penal de Monterroso, en substitución de Antonio Rivera, que tras case 13 anos no cargo pasará a ocuparse da dirección de programas no Servizo de Xestión de Penas e Medidas Alternativas da provincia de Lugo.


Rodríguez, licenciado en Dereito pola UNED e en Criminoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, ingresou na Administración Penal no Corpo de Axudantes en 1997. En 2018 accedeu ao Corpo Especial de Institucións Penais e ese mesmo ano asumiu a Subdirección de Seguridade do Centro Penal de Topas (Salamanca). Formou parte dos grupos de control e seguimento dos centros penais durante case dez anos e impartiu formación nas últimas promocións de funcionarios do Corpo de Axudantes.

Cárcere de Monterroso. Autor: Ecos da Comarca


467 visualizaciones0 comentarios