top of page

Extinguido un incendio que afectou a unha nave en Piñor

Ecos da Comarca/Xeral

Foto Arquivo

Sobre as tres deste mediodía, unha persoa particular informaba ao 112 Galicia de que ardía un silo de labras fóra dunha nave de madeiras situada na OU-0402, en O Barrán, no concello de Piñor (Ourense). O alertador aseguraba que non había persoas afectadas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ata o lugar acudiron de inmediato, tras ser informados polo 112 Galicia, os Bombeiros do Carballiño, a Garda Civil e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Así mesmo, os xestores de emerxencias informaron da situación ao persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Segundo a información recibida polos efectivos de Protección Civil, o lume quedou extinguido e a zona arrefriada. Así mesmo, os Bombeiros confirmaron ao 112 Galicia a finalización da súa intervención.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page