Extinguido o incendio que afectou case 40 hectáreas nunha zona entre Palas e Toques
- ecosdacomarca
- 19 sept 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas/Toques

A Consellería de Medio Rural informa que o incendio orixinado na parroquia palense de Cuiña, que tamén afectou unha zona do concello de Toques, quedou extinguido hoxe ás 20.20 horas. O lume rexistrouse ás 23:32 horas de onte mércores e finalmente, afectou unha superficie de 36,66 hectáreas, das cales 31,16 correspóndense con monte raso e as restantes 5,5 con arborado.
Publicidade
Para a súa extinción mobilizáronse 16 axentes, 21 brigadas, 23 motobombas e 1 pa.
Publicidade
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de
teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.
Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade
delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo,
toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas
poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
NOTICIA RELACIONADA:
Un incendio afecta xa unhas 40 hectáreas dunha zona situada entre Palas de Rei e Toques: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-incendio-afecta-xa-unhas-40-hect%C3%A1reas-dunha-zona-situada-entre-palas-de-rei-e-toques
Comentários