Extinguido o incendio forestal rexistrado na parroquia rodeirense Riobó
- ecosdacomarca

- 5 sept 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello de Rodeiro, parroquia de Riobó, xa foi extinguido.

O lume -que se iniciara onte, domingo, ás 16:20 horas- quedou sufocado ás 4:30 horas desta madrugada. Segundo as últimas medicións, a superficie afectada foi de 20 hectáreas: 18 hectáreas rasas e 2 hectáreas arboradas. No seu control traballaron en total sete axentes, 14 brigadas, oito motobombas, dúas pas, catro avións e cinco helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de
teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.
Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade
delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo,
toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta
aberta de twitter: @incendios085.
NOTICIA RELACIONADA:







Comentarios