ExpoBus Iberia participa por primeira vez como expositor no salón FIAA
- Laura Moure
- 23 oct 2024
- 2 Min. de lectura
O obxectivo é promocionar a súa edición de 2025, que será do 20 ao 22 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda
Laura Moure/Silleda
A cuarta edición da Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia, promociónase na décimo quinta edición da Feira Internacional do Autobús e o Autocar (FIAA), a cal se celebra dende onte ata o vindeiro venres no recinto Ifema, de Madrid.
Trátase da primeira vez que ExpoBus Iberia participar como expositor neste evento, e
para promocionar a súa vindeira edición, a cal terá lugar na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda do 20 ao 22 de novembro de 2025.

Así, un equipo comercial da feira encabezado polo seu director, Ricardo Durán, atende estes días un stand no que se informa aos visitantes da completa proposta que dende
hai meses está a implementarse para 2025. Ademais, o persoal desprazado a Fiaa tamén visitará outros expositores para darlles a coñecer as vantaxes de participar en ExpoBus Iberia 2025 e participará en actividades de interese relacionadas co sector.
Unha feira cunha excelente evolución
ExpoBus Iberia experimentou unha magnífica evolución. Así, tras tres edicións é xa a segunda maior feira do sector a nivel nacional, despois de Fiaa. Na súa última cita, en 2023, contou con 130 firmas de 18 países, as cales estiveron representadas por 63 expositores directos de España, Portugal, Polonia, Países Baixos, Irlanda e Australia. Unhas cifras que dotaron ao certame de maior carácter internacional, xa que estes
expositores directos procedían do dobre de países que na pasada cita e supoñían un
133% máis que entón.
Publicidade
En canto ao número de visitantes, rexistrou 2.048 profesionais, un 8,8% máis que na
anterior convocatoria. Unha afluencia moi relevante tendo en conta a especificidade do
sector e o carácter altamente técnico da feira.
Uns resultados que supoñen o respaldo do sector, o cal a través das empresas
presentes na última reunión do seu comité organizador destacou a feira como unha
experiencia moi positiva e con moi bos resultados. Un apoio ao que se suma, con total
disposición para consolidar e posicionar o certame, a Dirección Xeral de Mobilidade da
Xunta de Galicia, a cal ademais agora forma parte de mesma consellería que a Feira
Internacional de Galicia ABANCA, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Comments