Ecos da Comarca/Agolada
Unha persoa sufríu unha caída dunha moto este domingo en Agolada. Os servizos sanitarios avisaron ao 112 Galicia do accidente, que se produciu antes das 15:00 horas desta tarde, e tralo que o ferido foi trasladado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.

O motorista circulaba á altura do municipio de Agolada, preto do cruce dirección Couso, cando sufríu unha caída que provocou a mobilización do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.
Unha vez que a aeronave tivo tomado terra nas proximidades do sinistro, os servizos de emerxencias prestaron a asistencia médica correspondente no punto, para posteriormente trasladar ao implicado, ferido de consideración, ao centro hospitalario compostelán.

Dende o 112 tamén se coordinouse a acción da Garda Civil de Tráfico, do GES de Lalín, e de Protección Civil de Agolada.
Comments