Ecos da Comarca/Xeral
Un motorista dun rali foi trasladado tras ter un accidente na Estrada, tal e como informa o 112 Galicia. O ferido tivo que ser trasladado ata o hospital no helicóptero medicalizado das urxencias sanitarias.
Pouco despois das 18:00 horas de onte, domingo, o 112 Galicia foi coñecedor do accidente dun motorista que estaba a disputar un campionato europeo de motos que pasaba pola parroquia estradense de Toedo, onde se produciu o suceso.
Publicidade
Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros do Deza, GES da Estrada, Garda Civil de Tráfico e Policía Local e Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada.
Por parte de urxencias sanitarias mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago para poder trasladar ao ferido ata o hospital de referencia.
Comments