Evacuada unha persoa en helicóptero tras quedar ferida en Melide
Ecos da Comarca/Melide
Unha persoa resultou ferida esta tarde no concello de Melide. O 112 Galicia foi alertado por Urxencias Sanitarias ás 16:45 horas deste luns.

Tal e como informa o 112 Galicia, tiña unha ferida importante nunha perna. "El estaba desbrozando nunha finca da súa propiedade na parroquia de Furelos, xunto á canteira, cando lle saltou algo", indica o 112 Galicia.
Urxencias Sanitarias mobilizou ao persoal sanitario a bordo do helicóptero do 061 con base en Santiago. Dende o 112 mobilizaron tamén aos Bombeiros do Parque Provincial de Arzúa, á Garda Civil e a Protección Civil.
PUBLICIDADE

"Nun primeiro momento, decíase que a persoa estaba nunha zona de monte de difícil acceso e para iso precisábase aos Bombeiros para conectar ao doente co servizo sanitario", indica o 112, pero engade "que despois non fixo falta rescate como tal e coa colaboración dos Bombeiros chegouse perfectamente ata o helicóptero".
PUBLICIDADE
A persoa foi evacuada na aeronave ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.








Comentarios