top of page

Evacuada en helicóptero unha persoa que caeu do tractor en Vila de Cruces

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Este luns unha persoa tivo que ser evacuada en helicóptero en Vila de cruces. O 112 Galicia foi coñecedor do suceso arredor das 19:00 horas. Segundo o alertador, unha persoa caera do tractor nunha finca na Contiña, na parroquia de Larazo. 

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Rapidamente, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o concello de Deza. 

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A vítima, que non se atopaba atrapada tralo accidente, foi evacuada a bordo da aeronave. Cómpre mencionar que ata o punto tamén acudiron os Bombeiros de Deza, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de protección Civil de Vila de Cruces.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page