Eugenia Pereiro a muller máis lonxeva de Monterroso ten 103 anos
- Laura Moure

- 9 mar 2023
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Monterroso

"O día da muller tamén é un día para poñer en valor o importante papel que desenvolven e desenvolveron na sociedade mulleres monterrosinas. É o caso de Eugenia Pereiro, a muller máis lonxeva do noso concello que con case 103 anos vive na parroquia de Ligonde", destaca a alcaldesa deste municipio, Rocío Seijas, que foi visitala este mércores.
"Eugenia sempre foi unha muller traballadora e loitadora que agora recibe os coidados e mimos da súa familia, especialmente da súa filla Concha. Moi querida pola súa familia e amigos, pero por suposto que tamén polos seus veciños, xa que todos eles destacan o seu carácter humanitario, afable e conciliador", destaca o Concello.







Comentarios