“Eu emprendo, ti emprendes” é un encontro do empresario de Silleda que terá lugar o día 12
- Laura Moure
- 8 dic 2023
- 2 Min. de lectura
O Concello de Silleda organiza, no Viveiro de empresas, o seu primeiro networking destinado ao sector empresarial
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda, organiza o evento Eu emprendo, ti emprendes” que, con un formato de Networking, servirá para poñer en valor as boas prácticas desenvoltas por emprendedores silledenses e para coñecer de primeira man as ofertas sobre TICS, innovación e emprendemento social e sostible que ofrecen as administración publicas tanto local como Provincial e Autonómica.

Este Workshop, celebrarase o vindeiro martes día 12 de decembro entre as 10 e as 12 horas, no novo salón de actos do Viveiro de Empresas, e a asistencia ao mesmo está aberta tanto a empresarios xa consolidados como a novos emprendedores que queren lanzar a súa idea.
Baixo o lema Eu emprendo, ti emprendes , dúas das empresarias cuxo negocio arrincou coa colaboración das Axudas Municipais á Creación de Emprego, trasladarán as e os participantes a súa experiencia, explicando o éxito da súa idea. Así pois, Isabel Núñez Fernández especialista no mundo do interiorismo e a decoración, explicará o seu proxecto personal no espacio “De-Cores”, dende onde deseñan o interior de vivendas, locais
comerciais e oficiñas.
Publicidade
Por outra parte Beatriz Rey Gómez que dirixe “Retos”, un centro pedagóxico e multidisciplinar que abarca todas as etapas da vida, especialmente a infancia e a adolescencia contará en primeira persoa a súa experiencia como emprendedora
As súas intervencións, pretenden servir servirán de inspiración as e os emprendedores que este ano se teñen incorporado a este Plan. “Aprender e presumir dos nosos, é a mellor forma de facer crecer un pobo”, di o alcalde, Manuel Cuiña, ao tempo que agradece a súa participación.
Durante o evento ademais entregaranse os distintivos de beneficiarios das Axudas Municipais á Creación de Emprego do ano 2023, grazas as que se teñen creado 9 empresas neste ano 2023. De estes novos negocios,catro son de hostalaría La cocina de Tina, Bar Parque, Bar O Camiño e Restaurante Terra Mollada.
Publicidade
Tamén teñen recibido estar axudas a perruquería Noelia Álvarez, dúas empresas de Servicios Agrícolas e Gandeiros a nome de Javier Pujol e David Louzao; un negocio de produto ecolóxico de Estefanía Fernández e un Estudo de Arquitectura de Edilena de Oliveira.
Durante o acto, ademais, darase dar unha formación intensiva sobre as posibilidades que ofrece o Polo de Emprendemento e apoio ao Emprego de Silleda da Fundación Roberto Rivas. Para elo contarase coa presencia da técnica Eliana Bouzas, que será a encargada de explicar os servicios para a innovación e o emprendemento que ofrece esta entidade
dependente da Xunta de Galicia.
Outra das iniciativas protagonistas na parte de formación da xornada, será o programa Smartpeme, da Deputación de Pontevedra, un programa de formación para PEMES en materia de TICS, que presentará Fátima Faílde.
Publicidade
Como peche a este evento haberá un breve espazo de networking para crear sinerxias e posibles relacións laborais entre as persoas asistentes. “Con esta iniciativa queremos dar a coñecer todos os recursos, tanto locais, como provinciais e autonómicos , dos que dispoñen as e o emprendedores que queiran iniciar o seu negocio no noso concello”,
indica Cuiña.
Ademais, este é o primeiro evento que o Concello organiza no novo viveiro de empresas, un espazo que naceu con vocación de servir como lanzadeira de novos proxectos, mais tamén como centro de encontro de formación.
Комментарии