top of page

“Eu Decido”: A campaña que celebra 35 anos de inclusión con COGAMI

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

O ano 2025 marca un momento especial para COGAMI, que celebra 35 anos de compromiso coa inclusión das persoas con discapacidade en Galicia. Baixo o lema “COGAMI, 35 anos avanzando contigo”, a entidade lanza a campaña “Eu Decido”, un proxecto que busca visibilizar as necesidades, demandas e experiencias do grupo social da discapacidade.

A campaña estrutúrase en vídeos mensuais que serán difundidos a través das canles e redes sociais da Organización, como finalidade de facer visibles demandas nos diferentes eidos que conforman os proxectos de vida de calquera persoa como: “crecer cos meus amigos”, “vivir na miña casa”, “ser autónomo”, “formarme para atopar un emprego” ou “loitar polos nosos dereitos”. Entre as e os protagonistas estarán Damián, Emelie, Duarte, Fátima, Elena, Moncho, José Luis, Alex, Carmen, José, Lea, Eladio, Gabri, Dani,  David, Isidoro ou Bibiana, que contan como o apoio de COGAMI marcou un antes e un despois nas súas vidas.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

COGAMI, con presenza en toda Galicia, leva 35 anos prestando servizos especializados destinados a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias e fomentar a súa participación social en igualdade. “Eu Decido” é unha oportunidade para lembrar que todas as persoas teñen dereito a ser protagonistas da súa vida e que, con apoio e inclusión, é posible superar barreiras e acadar metas.


Con esta iniciativa, COGAMI invita á sociedade a reflexionar sobre a importancia de garantir a autonomía persoal e a igualdade de oportunidades, reafirmando o seu compromiso coa construción dunha sociedade máis inclusiva e xusta.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page