top of page

Ethel Vázquez censura que o Goberno bata todas as marcas de retrasos na autovía Santiago-Lugo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A conselleira denuncia que este solicitou a autorización para actuar sobre o río Ladrón 5 anos despois de iniciar o treito Arzúa-Melide da A-54


Laura Moure/Melide/Arzúa

Obras da autovía Santiago-Lugo á altura de Melide. Autor: Ecos da Comarca.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, denunciou esta mañá que o Goberno de España solicitou a autorización para a actuar sobre o río Ladrón 5 anos despois de iniciar o treito Arzúa-Melide da A-54. Lembrou que, a pesar de que ese curso fluvial aparece en toda a cartografía existente da zona, e que as obras comezaron en 2018, o Ministerio de Transportes non solicitou ata a abril de 2023 a autorización para esa intervención, determinante para continuar as obras da autovía.

A conselleira subliñou que a Xunta tramitou a autorización en tempo récord mentres o Goberno de España bate todas as marcas de retrasos na autovía Santiago-Lugo. Así, en resposta a unha interpelación sobre a autovía estatal A-54, Vázquez Mourelle remarcou que Augas de Galicia tardou tan só 4 meses e 12 días en tramitar unha autorización para a que legalmente tiña 6 meses de prazo, tendo en conta a complexidade que supón esa actuación de retranqueo dun río.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A titular de Infraestruturas da Xunta censurou que o Goberno tente agora xustificar o retraso que acumula a execución desta autovía estatal, tratando de achacalo á tramitación dunha autorización autonómica sobre a intervención nun regato. Lamentou, ademais que, pese a que o Ministerio de Transportes tiña comprometido o remate desta autovía para o Xacobeo, a día de hoxe nin está finalizada nin se prevé que estea rematada, cando menos, ata o ano 2025.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Neste sentido, avanzou que o vindeiro día 4 de outubro na reunión que manterá co secretario de Estado de Infraestruturas a Xunta exixirá concreción e un calendario certo para o remate desta autovía pola que os galegos seguen agardando. Incidiu na importancia para Galicia desta autovía xa que, cando estea rematada, dixo, será un eixe vertebrador do interior; permitirá reducir o tempo de viaxe entre Santiago e Lugo; mellorará a comunicación de núcleos de poboación intermedios, como Arzúa, Melide, Palas de Rei e Guntín; e suporá unha importante mellora da seguridade, tamén para os peóns, ao converterse en alternativa de tráfico ás estradas convencionais N-547 e N-640.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page