top of page

Estrea en Arzúa da curta baseada no concurso de guións contra a violencia machista

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Por segundo ano consecutivo, alumnas do IES desta vila gañan este certame que convoca a área de Igualdade da Deputación e as premiados son Andrea Varela e Aurora Rodríguez


Laura Moure/Arzúa

Por segundo ano consecutivo, alumnas do IES de Arzúa gañan o Concurso de guións contra a violencia machista, que convoca a área de Igualdade da Deputación. Este venres estreouse a curta baseada no texto gañador.

A curta leva por título Pequenas grandezas e puido verse na Capela da Madalena de Arzúa. Na estrea participarán as alumnas gañadoras, Andrea Varela García e Aurora Rodríguez Rodríguez, que estiveron titorizadas pola profesora María Esperanza Rocamonde Iglesias.

O xurado que concedeu o premio destacara no seu informe que o traballo gañador "incide na violencia vicaria, ten moi boa estrutura e moita capacidade de integrar o alumnado das distintas etapas". Neste sentido, Xosé Lois Penas lembra "que desde o departamento provincial de Igualdade considerouse que a temática concreta nesta edición fose este tipo de violencia, que aparece xa recollida na lexislación galega desde xullo de 2019, sendo Galiza e Catalunya os primeiros territorios do estado español en recoñecela na súa lexislación, o que significa que se recoñece como unha forma máis de violencia de xénero".


Obxecto da iniciativa Convén lembrar que o obxecto do certame é elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización, identificación e prevención da violencia vicaria como forma de control e dominación. Preténdese que a través da elaboración do guión a poboación adolescente cree debate, mobilización, e fomente a súa creatividade mentres reflexiona sobre a violencia de xénero.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Inclúese dentro do concepto de violencia vicaria o homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia exercida sobre as fillas/os da muller, así como sobre calquera outra persoa estreitamente unida a ela, coa finalidade de causarlle o maior sufrimento psicolóxico e na súa saúde, por parte de quen sexa ou fora o seu cónxuxe ou quen mantivo unha relación análoga de afectividade aínda que sen convivencia.



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page