Varios negocios da localidade pecharán as súas portas a esa hora para apoiar a este sector
Laura Moure/Lalín
Lalín volverá acoller hoxe, xoves, unha segunda marcha lenta a favor dos dereitos dos transportistas. Este sector continúa en paro definido para defender os seus dereitos e reclamar unhas condicións de traballo dignas. E ademais todo o que eles consigan vai repercutinos a todos os demais e por iso é moi necesario a implicación de toda a sociedade. Cabe mencionar que o pasado sábado tivo lugar a primeira marcha lenta na capital dezá. Camións, acompañados de tractores e outros vehículos, recorreron ao longo da mañá o casco urbano lalinense e despois dirixíronse a Silleda.

Hoxe a marcha será polas rúas de Lalín e arrancará ás 11:00 horas. Cabe mencionar que varios negocios da localidade anunciaron a través das súas redes sociais que a esa hora pecharán as súas portas en apoio aos transportistas.
Con respecto á marcha do pasado sábado, ECOS DA COMARCA tamén participou e estivemos falando cun dos afectados, Daniel Taboada, de Excavaciones Daniel. Todo o que nos contou no enlace:
Ademais, na cuarta xornada de paro indefinido ECOS DA COMARCA desprazouse ao polígono da Madanela en Melide para falar con varios destes profesionais. Todo o que nos dixeron no enlace:
Comments