top of page
Foto del escritorLaura Moure

Este xoves, día 10, terá lugar un eclipse solar

Prevese que comece ás 10:56 horas peninsular e finalice ás 12:35 horas


Laura Moure/Xeral

Durante a mañá deste xoves,10 de xuño, será posible observar unha eclipse parcial de sol desde España. Verase como eclipse anular no nordés de Canadá, o norte de Groenlandia (Dinamarca), o océano Ártico e o nordés de Rusia. En España alcanzará unha magnitude máxima de 0,20 no extremo noroeste da península, será de 0,10 no interior peninsular e de ao redor de 0,02 nas illas Canarias e Baleares. Prevese que comece ás 10:56 horas peninsular e finalice ás 12.35 horas.


Como se produce un eclipse solar?

Un eclipse solar prodúcese cando a lúa interponse no camiño da luz do sol e proxecta a súa sombra na Terra. Iso significa que durante o día, a lúa móvese por diante do sol e ponse escuro. Non é estraño que se poña todo escuro en pleno día. Esta eclipse total xorde aproximadamente cada ano e medio nalgún lugar da Terra. Mentres que unha eclipse parcial dase cando a lúa non recubre por completo ao sol e ten lugar polo menos dúas veces por ano, nalgún lugar da Terra.


Lendas

Os eclipses solares sempre foron temidos por centos de civilizacións, porque os consideraban que non eran de bo augurio e significaba que unha traxedia ía pasar. En concreto, para os habitantes da Grecia antiga, as eclipses de sol eran un signo da ira dos deuses e unha manifestación do seu descontento co home. Tamén se pensaba que eran o presaxio do desastre e a calamidade. De feito, a palabra eclipse provén do termo grego ekleipein que significa separación ou abandono.


Outras datas

A última eclipse solar visible como parcial en España tivo lugar o 21 de agosto de 2017, aínda que en malas condicións ao producirse á posta de sol, e o seguinte verase o 25 de outubro de 2022, no nordés da península e illas Baleares.


Pola súa banda, a próxima eclipse solar visible como total en España terá lugar o 12 de agosto de 2026, seguido doutro o 2 de agosto do ano seguinte. Pouco despois, o 26 de xaneiro de 2028, poderase ver en España unha eclipse anular.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page