Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso ten aberto o prazo para anotarse nas actividades de conciliación no verán, tanto do campamento como do ocioteca.
O campamento terá lugar os meses de xullo e agosto de 9:00 a 14:00 horas para nenos de entre seis e 12 anos. E a ocioteca está dirixida a nenos de tres a seis anos e estará aberta no mesmo horario.
Así mesmo, dende o remate das clases ata o día 1 de xullo estará aberta a ocioteca para os nenos en idade educativa.
Os interesados poden obter máis información e deben inscribirse no Espazo Lorenzo Varela de 10:00 a 13:00 horas ou de 16:00 a 20:00 horas ou a través do correo espazo.lorenzo.varela@gmail.com O prazo remata este venres, 25 de xuño.
Comentarios