top of page

Este venres abre en Touro o Café-Bar SyS, rexentado por Sandra Fernández e Sindo Pardo

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

Ofrecerán cenas os venres e sábados e teñen en mente organizar distintas iniciativas

Xerentes do Café-Bar: SyS. Autor: Ecos da Comarca

Laura Moure/IsmaelRS/Touro

Emprender nesta época de pandemia é de valentes. E neste grupo están os veciños de Touro Sandra Fernández e Sindo Pardo, que se poñen ao fronte do local de hostalaría, que era a antiga hamburguesería Nito, no casco urbano de Touro. Así o Café-Bar SyS abrirá as portas este venres. A inauguración será de 18:00 a 23:00 horas e cumpriranse as limitacións de aforo e todas as medidas anticovid.


Ambos xa teñen experiencia na hostalaría, e incluso, Pardo, xa rexentou outro local. Darán ceas os venres e sábados onde a especialidade será o churrasco e o resto de días tamén despacharán bocadillos, pizzas...

"Temos un pouco de medo claro está, pero o tema da pandemia está mellorando e temos moitas ganas e moita ilusión para empezar esta nova etapa", confesa Fernández.

Ademais, teñen en mente, en función de se a pandemia o permite, organizar distintas actividades, como algún tipo de campeonato ou algún concerto.

"Estivemos pensando en ter unha diana para facer algún campeonato", avanza Pardo.
Cartel Inaguración: Café-Bar SyS





0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page