top of page

Este venres, 8 de decembro, celébrase en Palas de Rei o Levels 2023 Fest con distintas actuacións

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Será unha gala benéfica para loitar contra o cancro infantil


Laura Moure/Palas de Rei

Mañá, venres 8 de decembro, celebrarase en Palas de Rei o Levels 2023 Fest coas actuacións de Álex Martini, El Combo dominicano, Dumore, DJ Soni1c, Carlos López e Marcos Magán. O evento foi presentado polo tenente de alcalde de Palas, Amando Sande, xunto cos organizadores do Festival, Martín Carral e Uxía Rico, e representantes de Protección Civil de Palas de Rei como Juan Núñez.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Será no polígono de Palas de Rei a partir das 22:00 horas na que será a primeira Gala benéfica para loitar contra o cancro infantil que se celebra neste municipio. Os interesados poden mercar as entradas anticipadas a través de Woutick.es , das redes sociais e nos locais asociados.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Máis información no cartel:

A organización poñerá un servizo de autobuses para persoas que queiran asistir desde os concellos limítrofes de Antas de Ulla, Monterroso, Agolada e Melide, así como, de Arzúa e desde Lugo. Os interesados poden consultar os seus horarios e toda a información sobre o evento na conta de Instagram LevelsFest_


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, valora “positivamente a importancia de eventos deste tipo tanto polo fin, como pola, a repercusión deste na ocupación hostaleira do municipio en plena temporada baixa”. Neste senso, agradeceu a todos os patrocinadores do “Levels 2023 Fest” a súa labor e manifestou o compromiso dos veciños con estes eventos especiais, así como, a todos os artistas colaboradores por estar en Palas de Rei.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page