top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Este sábado vaise realizar un cribado en Agolada

Faráselle a 900 cidadáns de entre 16 e 70 anos



Laura Moure/Agolada

O goberno de Agolada, liderado por Luís Calvo, acaba de anunciar un cribado neste municipio para tratar de frear os casos de coronavirus. "Tras as conversas mantidas entre o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, e o alcalde con Cristina Fernández, xefa de servizo de Medicina Preventiva, e Eloína Núñez, xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, acordouse esta decisión", indican desde o Concello.


Centro de saúde de Agolada. Foto: Ecos da Comarca


O cribado terá lugar este sábado, 6 de febreiro, no centro de saúde agoladés. Faráselle a 900 veciños de entre 16 e 70 anos que serán citados por mensaxe.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page