top of page

Este sábado terá lugar unha visita guiada ao campamento romano da Ciadella de Sobrado dos Monxes

Os participantes contarán cun microbus lanzadeira


Laura Moure/Sobrado dos Monxes

O Concello de Sobrado dos Monxes informa que este sábado terá lugar unha visita guiada ao campamento romano da Ciadella levada a cabo por Terra Arqueos coa colaboración do Concello.

ree

As persoas participantes contarán cun microbus lanzadeira que sairá desde a praza do Portal. O vehículo fará varias viaxes desde as 11:30 ás 12:00 horas e realizará as mesmas de novo unha vez remate a actividade para traer de volta aos participantes.

ree

"Con esta medida búscase facilitar o acceso ao campamento e evitar a conxestión da zona debido ao pouco aparcamento que hai no lugar", subliña o Concello.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page