top of page

Este sábado o pavillón municipal de Vila de Cruces será o epicentro da loita

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Terán lugar varios campionatos de distintas modalidades


Laura Moure/Vila de Cruces

O afamado e coñecido equipo cruceño de Loita Keltoi será neste fin de semana profeta na súa terra xa que este sábado celebrarase no pavillón municipal de Vila de Cruces ao longo de todo o día varios campionatos en distintas modalidades. Dende as 10:00 ás 14:00 horas terá lugar o Campionato Galego de Loitas Olímpicas, Escolar e Junior, pasando á sesión de tarde que comezará as 16 horas e rematará as 20 horas e onde se poderá gozar cos Campionatos Galegos de Sambo nas categorías Senior, Junior e Cadete, completando a tarde co Campionato Galego de Grapplin- GI na categoría Senior.


"Basta con botar a vista atrás menos dun mes para comprobar que o club cruceño vén de lograr en Santiago de Compostela tres ouros no Campionato Nacional”, lembra o tenente de alcalde, Julio López, quen sente máis orgullo se cabe destes resultados nun ano tan complicado como foi todo o 2020. López só ten afagos para o presidente do Club Keltoi, Rubén Méndez, por dar a coñecer por toda España o concello de Vila de Cruces e non só iso senón demostrar que "este club é unha auténtica fábrica de campións".


Este evento celebrarse a porta pechada, debido á pandemia. O edil anima os loitadores e loitadoras a que "como sempre dean o mellor de si mesmos, aínda que non podamos estar presentes farémoslle chegar o noso agarimo e apoio", recalca.

López, Méndez e a concelleira de Deportes, Mireya Otero.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page