A presentación das mesmas complétase con misa e unha actuación musical
Ecos da Comarca/Dozón

O vindeiro sábado, día 4 de febreiro, ao mediodía inauguraranse as obras de rehabilitación do Mosteiro de San Pedro de Vilanova, en Dozón, cun acto que contará coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, o lalinense Román Rodríguez.
Ademais, terá lugar un concerto de Emilio Rúa e Margarida Mariño, tal e como informa o Concello.
En concreto, haberá ás misa ás 12:00 horas; de seguido presentaranse as obras e finalmente, sobre as 12:45 horas terá lugar a actuación musical.
Comments