top of page

“Este queixo Dona Cobiña segue conquistando, ten unha textura moi boa e un sabor especial” di Manteiga

O queixo ecolóxico producido en Agolada conseguiu un bronce nas XXIV Catas dos Queixos de Galicia


Laura Moure/Agolada

Na xornada do martes tivo lugar a entrega dos premios da XXVIII Cata dos Queixos e a XXIV Cata dos Meles de Galicia, na Quinta da Auga en Santiago de Compostela. A presente edición contou coa participación de 31 queixerías, que achegaron 66 mostras, e estiveron representados produtos amparados polos distintivos das denominacións de orixe protexidas San Simón da Costa, Arzúa- Ulloa, Queixo Tetilla e Cebreiro; de Agricultura Ecolóxica e de Artesanía Alimentaria.

Dentro deste certame, a queixería Dona Cobiña, sita en Agolada, recolleu un galardón. Nesta ocasión, foi para o queixo ecolóxico Arzúa-Ulloa, un dos buques insigne desta

firma. “Este queixo segue conquistando as bocas de quen deciden probalos, ten unha

textura moi boa e un sabor especial”, destaca María Manteiga, enxeñeira agrónoma e

membro de Dona Cobiña.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Na recollida do premio participaron Jesús Manteiga, presidente de Cobideza; María Manteiga, enxeñeira agrónoma, e Juan Justicia, mestre queixeiro. O presidente destaca o bo facer da queixería e que se mostra en cada un dos certames nos que participan. “Temos que seguir traballando nesta liña e, por suposto, mellorando”, destaca.


Jesús Manteiga tamén destaca a liña ecolóxica pola que apostaron, “e seguirémolo facendo, xa que lle outorga un valor engadido aos nosos produtos e tamén certifica que o proceso é máis sostible, ao igual que a materia prima coa que traballamos”.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Ademais de contar co selo de Arzúa-Ulloa, o queixo conta co Certificado Ecolóxico do

Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica. Así, pon de manifesto que seguen aumentando a oferta de produtos, con novo requeixo que xa está á venda: “Logo de darlle moitas voltas, decidimos cubrir unha demanda que levábamos tempo pensando”.


Cabe mencionar, como xa publicamos onte, que tamén gañaron outras queixerías das comarcas. Toda a información no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/queixos-e-un-mel-das-comarcas-triunfan-na-xxviii-cata-dos-queixos-e-a-xxiv-cata-dos-meles-de-galicia




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page