top of page

Este martes haberá mobilizacións polo 8M en varias localidades como Lalín e Melide

Ecos da Comarca/Xeral

Mañá, como cada 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller. Anteriormente era denominado Día Internacional da Muller Traballadora e conmemora a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa, en pé de igualdade co home. Mañá haberá mobilizacións por distintos rincóns do mundo, entre elas varias das comarcas.

Por un lado, a secretaría das Mulleres da CIG convoca mobilizacións en 21 localidades. Denuncia a responsabilidade dos gobernos na situación de desigualdade que seguimos padecendo as traballadoras en Galicia. Entre estas localidades, figura nas comarcas Lalín. Os lugares e os horarios na imaxe:

E por outro lado, haberá outras mobilizaciacións, organizadas por outros colectivos, pero co mesmo obxectivo. Entre estas, nas comarcas, haberá en Lalín, Melide e Vila de Cruces como se pode ver na imaxe:


Na capital dezá é Azos Feministas quen convoca a folga da tarde en Lalín que será ás 20:00 horas. "Desde Azos Feministas voltamos saír á rúa este 8 de marzo. Porque segue sendo necesario visibilizarnos, xuntas, fortes e en colectivo, gustaríanos que vos unisedes á manifestación convocada en Lalín este martes 8 de marzo, con saída ás 20:00 horas desde o KM 0. En canto ás medidas de seguridade, pregamos a vosa corresponsabilidade e trataremos de manter distancias e prudencia ao longo de todo o percorrido. Agardámosvos para mostrar na nosa vila: Nin escravas, nin heroínas. MULLERES CON DEREITOS XA!", recalca Azos, quen engade que coma sempre, agradécese difusión da convocatoria para que toda a veciñanza saia á rúa este 8M.


Este será o percorrido:

"Desde Levedar Colectivo Feminista sumámonos de novo a Galegas 8M para saírmos ás rúas xuntas, unidas, con forza", recalca este colectivo de Vila de Cruces.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page